martes, 17 de mayo de 2011

DÍA DAS LETRA GALEGAS 2011


Lois Pereiro


O corredor de fondo perde o alento
fuxindo dunha vida inzada de renuncias
da súa liturxia obesa e oleosa,
mediocre nos seus comunais fracasos,
bágoas de xelo, indignación contida
non deu chegado a tempo de exercer
a súa rebelión,
nin de levar a cabo
a súa vinganza definitiva
contra un mundo inxusto, homicida, e cruel,
pola inutilidade da súa propia vida
solitario, enfermo e fatigado,
a morte anticipouse e chegou antes.
outono 95
 
 

Lois Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, nacido en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e falecido na Coruña o 24 de maio de 1996,1 foi un escritor e poeta español en lingua galega. No ano 2011 dedicáselle o Día das Letras Galega.

Estudou no colexio dos Escolapios e comezou a escribir con 15 anos.

Tras estudar Ciencias Políticas  e Sociología en Madrid decide pasar unha tempada de novo en Monforte de Lemos e de aquí volverá  a Madrid para estudar idiomas, fundando alí a revista Loia con Antón  Patiño, Manuel Rivas e co seu irmán Jose Luís Pereiro.
Anos despues, xa na Coruña únese á revista A Naval, e participa en varias antoloxías como son: De amor e desamor (1984), De amor e desamor II (1985), e colabora tambien noutras revistas como son Trilateral, Anima + e Luces de Galicia.

En Luces de Galicia publicaría Lois o seu oito capítulos da súa novela curta Naufragos do Paraiso.

Traballou como tradutor de idiomas e de dobraxe de cinema

Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). En 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia, e que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal dá infamia, publicado no nº 27 de Luzes de Galiza.
Obra:
  • Poemas 1981/1991 (1992)
  • Poesía última de amor e enfermidade (1995)
  • Poemas para unha Loia (1997)
  • Conversa ultramarina (2010)
  • Náufragos do Paradiso (2011)
  • Antoloxía (2011)
  • Modesta proposición e outros ensaios (2011)
  • Obra poética completa (2011)
  • Obra completa (edición bilingüe) (2011)
Leer más: Palabras y Mundos http://palabrasymundos.blogspot.com/
Enlaces de interés:


No hay comentarios: